luns, 21 de decembro de 2020

 AS NENAS E NENOS DE 1º DESEXÁMOSVOS

BO NADAL e FELIZ ANO NOVO!!!  🎄 🎅 🎊

3 DE DECEMBRO , DÍA DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro conmemoramos o día da discapacidade elaborando este mural en linguaxes diferentes (alfabeto en lingua de signos e alfabeto braille). 

TODAS AS PERSOAS SOMOS DIFERENTES, PERO IGUAIS.

TODAS AS PERSOAS TEMOS OS MESMOS DEREITOS.

TODAS E TODOS SOMOS CAPACES.






luns, 30 de novembro de 2020

 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

























domingo, 22 de novembro de 2020

 DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS 👶

O 20 de novembro  celebramos o día dos dereitos das nenas e dos nenos, vimos estes vídeos e fixemos uns fermosos corazóns para non esquecelos. 💗




 SAMAÍN 2020  👻 💀 😈

Vestidos cos nosos máis terroríficos disfraces celebramos este samaín tan diferente!!! 


venres, 19 de xuño de 2020

PECHADO POR VACACIÓNS

💗

DESPEDIDA

Conseguímolo!!! 💪
 Rematamos hoxe un dos cursos seguramente máis raaaaaros da nosa vida. Espero que cando volvades á vista atrás lembredes sobre todo as cousas boas.

Grazas a tod@s por ser unha clase estupenda, polo voso esforzo e entusiasmo. Aprender xuntos foi un enorme pracer e unha experiencia marabillosa. 👏👏👏

Que pasedes un bo verán e gocedes dunhas merecidísimas vacacións!!

Moitos bicos e apertas a tod@s

                      😘😘❤💓💕💜💞



xoves, 18 de xuño de 2020

ESCOLMA FOTOGRÁFICA CURSO 19-20 (II)

Imos lembrar nos seguintes vídeos un pouquiño de todo o que fixemos neste curso: 

AS NOSAS ELECCIÓNS 


NADAL E ENTROIDO



TRABALLOS VARIOS: valores, celebracións, plástica, aquaestem...


E para rematar a última vez que saímos xuntos: 
O SALÓN DO LIBRO








ESCOLMA FOTOGRÁFICA CURSO 2019-20

Comezamos cos vídeos deste curso, o primeiro trimestre celebramos como todos os anos o Samaín, ou halloween, Que medo!!
                                                                        👻👀💀🎃

No mesmo mes de outubro asistimos a unha impresionante exhibición dos corpos especiais da policía nacional: a unidade canina, a policía montada, os artificieiros, unidades de subsolo... de todo!! Os disparos déronnos un bo susto!!😱



ESCOLMA FOTOGRÁFICA 2018-19 ( II)

O vídeo de hoxe recolle distintas actividades e celebracións do curso 2018-19 (1º) , dende o entroido, disfrazados de comecocos!!👻😂,  ata as Letras galegas, día do libro ou o proxecto "Aliméntate ben". Que almorzo máis rico😋


mércores, 17 de xuño de 2020

ESCOLMA FOTOGRÁFICA 2018-19

Nesta e nas seguintes entradas imos lembrar en imaxes como foron estes dous marabillosos cursos que estivemos xuntos. O primeiro vídeo recolle as dúas saídas que fixemos no curso 2018-19, en 1º: a Casa do Mar e a Naturnova, en Vigo. A ver que lembrades!!


Este outro é unha escolma de traballos que fixemos en 1º sobre as paisaxes, o ciclo da auga, as constelacións, o sistema solar e algúns de plástica:



martes, 16 de xuño de 2020

QUEN É QUEN? FINAL

Imos rematar coas solucións das descricións: a 16 é Gael, a 17 é Martina, a 18 é Nora e por último a 19 é Sabela. 
Moitas grazas a tod@s polo voso estupendo traballo!!👏👏👏

martes, 9 de xuño de 2020

QUEN É QUEN? V

As descricións de onte son: 12. Alex, 13. Martiño, 14.  Martiño non me puxo quen era, pode ser Carlota? , e  a 15 igual, Sara non me dixo quen era, se podes escríbeo nos comentarios.Eu creo que é Claudia.
Coas descricións de hoxe rematamos:
16. Esta é de Berto: 


17. Aquí vai a de Sabela:


18.  Quen será a de Alba?


19. Esta é a descrición de Alex, adiviñades quen é?



Moitas grazas a todos polo voso magnífico traballo!!


A


luns, 8 de xuño de 2020

QUEN É QUEN? (IV)

Imos ver se acertastes as últimas descricións: a 8 é Lucas Gómez, a 9  é Sofía, a 10 é Nora e a 11 é Xián.
Aquí van as descricións de hoxe:

12. Esta é a de Martina, aínda que non se ve moi ben, o debuxo é unha estupenda pista:


13. A de Izan é esta:

14. A de Martiño, quen será?

15. E a de Sara... a recoñecedes? 







venres, 5 de xuño de 2020

ÁFRICA

Fantásticos os vosos traballos africanos. Non perdades detalle. 👀
Ben feito!!👌

QUEN É QUEN ? ( III)

As últimas descricións non estaban tan claras, así que imos resolver o misterio:  a 4 era Carlos, a 5 Jaime, a 6 creo que é Jaime tamén (Lucas J. necesitamos confirmación) e a 7 é Mateo. 
Imos alá coas descricións de hoxe:

8. A descrición de Mateo será ....
9. Está é a de Yoana:


10. Laura describiu a ....

11. E finalmente Jaime describiu a.....








mércores, 3 de xuño de 2020

QUEN É QUEN? (II)

 Que list@s sodes, efectivamente as descricións de onte eran 1. Lucas Ramón, a 2. Lucas Gómez, (aínda que Leire non o confirmou) e a 3. Alba.

Estas son as descricións de hoxe, adiviña!!: 

4. Esta é a que fixo Lucas Ramón:


5. Claudia describe así a..... quen será?

6. Esta é a de Lucas Juncal :


7. E por último a de Lucas Gómez :


martes, 2 de xuño de 2020

QUEN É QUEN?

A ver se adiviñades quen é quen? As descricións están numeradas. Le e adiviña. Se sabes quen é escríbeo na caixa de comentarios, non esquezas poñer o número da descrición. 

1. Esta é a descrición que fixo Carlos. Quen será?😉 


2. Esta é a de Leire

3.  Descrición feita por Nora: 




DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O vindeiro 5 de xuño é o día internacional do medio ambiente, para saber máis sobre como protexer ao noso planeta pincha nas seguintes imaxes para acceder aos vídeos, contos, cancións....







   Conto:


                                            A cantar !!