💗
venres, 19 de xuño de 2020
DESPEDIDA
Conseguímolo!!! 💪
Rematamos hoxe un dos cursos seguramente máis raaaaaros da nosa vida. Espero que cando volvades á vista atrás lembredes sobre todo as cousas boas.
Grazas a tod@s por ser unha clase estupenda, polo voso esforzo e entusiasmo. Aprender xuntos foi un enorme pracer e unha experiencia marabillosa. 👏👏👏
Que pasedes un bo verán e gocedes dunhas merecidísimas vacacións!!
Moitos bicos e apertas a tod@s
😘😘❤💓💕💜💞
xoves, 18 de xuño de 2020
ESCOLMA FOTOGRÁFICA CURSO 19-20 (II)
Imos lembrar nos seguintes vídeos un pouquiño de todo o que fixemos neste curso:
AS NOSAS ELECCIÓNS
NADAL E ENTROIDO
TRABALLOS VARIOS: valores, celebracións, plástica, aquaestem...
E para rematar a última vez que saímos xuntos:
O SALÓN DO LIBRO
ESCOLMA FOTOGRÁFICA CURSO 2019-20
Comezamos cos vídeos deste curso, o primeiro trimestre celebramos como todos os anos o Samaín, ou halloween, Que medo!!
👻👀💀🎃
No mesmo mes de outubro asistimos a unha impresionante exhibición dos corpos especiais da policía nacional: a unidade canina, a policía montada, os artificieiros, unidades de subsolo... de todo!! Os disparos déronnos un bo susto!!😱
ESCOLMA FOTOGRÁFICA 2018-19 ( II)
O vídeo de hoxe recolle distintas actividades e celebracións do curso 2018-19 (1º) , dende o entroido, disfrazados de comecocos!!👻😂, ata as Letras galegas, día do libro ou o proxecto "Aliméntate ben". Que almorzo máis rico😋
mércores, 17 de xuño de 2020
ESCOLMA FOTOGRÁFICA 2018-19
Nesta e nas seguintes entradas imos lembrar en imaxes como foron estes dous marabillosos cursos que estivemos xuntos. O primeiro vídeo recolle as dúas saídas que fixemos no curso 2018-19, en 1º: a Casa do Mar e a Naturnova, en Vigo. A ver que lembrades!!
Este outro é unha escolma de traballos que fixemos en 1º sobre as paisaxes, o ciclo da auga, as constelacións, o sistema solar e algúns de plástica:
martes, 16 de xuño de 2020
QUEN É QUEN? FINAL
Imos rematar coas solucións das descricións: a 16 é Gael, a 17 é Martina, a 18 é Nora e por último a 19 é Sabela.
Moitas grazas a tod@s polo voso estupendo traballo!!👏👏👏
martes, 9 de xuño de 2020
QUEN É QUEN? V
As descricións de onte son: 12. Alex, 13. Martiño, 14. Martiño non me puxo quen era, pode ser Carlota? , e a 15 igual, Sara non me dixo quen era, se podes escríbeo nos comentarios.Eu creo que é Claudia.
Coas descricións de hoxe rematamos:
16. Esta é de Berto:
luns, 8 de xuño de 2020
QUEN É QUEN? (IV)
Imos ver se acertastes as últimas descricións: a 8 é Lucas Gómez, a 9 é Sofía, a 10 é Nora e a 11 é Xián.
Aquí van as descricións de hoxe:
12. Esta é a de Martina, aínda que non se ve moi ben, o debuxo é unha estupenda pista:
13. A de Izan é esta:
venres, 5 de xuño de 2020
ÁFRICA
Fantásticos os vosos traballos africanos. Non perdades detalle. 👀
Ben feito!!👌
QUEN É QUEN ? ( III)
As últimas descricións non estaban tan claras, así que imos resolver o misterio: a 4 era Carlos, a 5 Jaime, a 6 creo que é Jaime tamén (Lucas J. necesitamos confirmación) e a 7 é Mateo.
Imos alá coas descricións de hoxe:
8. A descrición de Mateo será ....
mércores, 3 de xuño de 2020
QUEN É QUEN? (II)
Que list@s sodes, efectivamente as descricións de onte eran 1. Lucas Ramón, a 2. Lucas Gómez, (aínda que Leire non o confirmou) e a 3. Alba.
martes, 2 de xuño de 2020
QUEN É QUEN?
A ver se adiviñades quen é quen? As descricións están numeradas. Le e adiviña. Se sabes quen é escríbeo na caixa de comentarios, non esquezas poñer o número da descrición.
1. Esta é a descrición que fixo Carlos. Quen será?😉
2. Esta é a de Leire
DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
O vindeiro 5 de xuño é o día internacional do medio ambiente, para saber máis sobre como protexer ao noso planeta pincha nas seguintes imaxes para acceder aos vídeos, contos, cancións....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)