luns, 25 de maio de 2020

¿EN QUE OBRA DE ARTE TE GUSTARÍA VIVIR?

Despois de ler o libro ¿En que obra de arte te gustaría vivir? , estas foron as vosas respostas. Pincha na portada do libro.👉

domingo, 24 de maio de 2020

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O 18 de maio é o día internacional dos museos. Aínda que non podemos celebralo visitando un museo, gracias a vós,  imos coñecer algúns dos museos máis famosos do mundo.
Aquí están os vosos magníficos traballos!!! Gracias a tod@s polo voso esforzo. 👏👏

Sabela cóntanos neste vídeo  cousas moi interesantes  sobre o Museo do Prado. Ben feito!!



Leire investigou sobre o museo de Historia Natural de Londres, aquí tendes o estupendo resultado:



Claudia  envíanos este bonito vídeo sobre o Museo do Louvre:


Pincha na imaxe para ver o estupendo traballo de Carlos, bravo!!

A Martina tamén lle gustou o Museo do Louvre, fixo un vídeo e unha presentación .Bo traballo!!


👇


Mateo investigou sobre o Museo do Prado. Moi ben!!

Gael fixo un precioso mural sobre o interesantísimo Museo Vasa de Estocolmo. Ben feito!!



 


Nora investigou sobre o Museo Reina Sofía de Madrid, e fixo esta estupenda presentación. Pincha para vela. Moi boa!!


Carlota investigou o Museo Exipcio do Cairo. A súa obra estelar: a máscara de Tutankamón.


 Alex fixo este orixinal vídeo sobre o museo Guggenheim. Fantástico!!👌


Lucas Juncal traballou sobre o Museo do Prado, e aquí está o seu estupendo vídeo. Moi ben!!







venres, 22 de maio de 2020

O MEXILLÓN


Hai tempo que quería compartir os vosos traballos sobre o mexillón porque son unha voa mostra do enorme esforzo que estades a facer na casa, estou moi orgullosa de tod@s!!!
Aquí están por fin!! Pinchade nas imaxes para velos.


                                                                      ALBA



                                             
CARLOTA
GAEL
                     



LUCAS JUNCAL


                   
NORA
                       
            
LEIRE



 

                                    
                              
SARA

                              
                                                                                  LUCAS RAMÓN

MARTINA

                
Espero que non falte ningún, se é así avisádeme, por favor.


TRABALLOS DE PLÁSTICA

Seguen a chegar estes primaverais traballos de plástica. Ben feito!!


mércores, 20 de maio de 2020

PITAS !!!

Esta é a nosa particular homenaxe a Ricardo Carvalho Calero: as nosas pitas!! Grandes, pequenas, de cores... hainas para todos os gustos!!


xoves, 14 de maio de 2020

OS BOLECHAS E CARVALHO CALERO

Se queredes coñecer, da man dos vosos amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas, premede  e poderedes ler o conto. 

BOLECHAS. CARVALHO CALERO
Dispoñible no Portal da Lingua Galega. Ed. Bolanda

TRABALLOS DE PLÁSTICA

Nestes últimos días chegáronme máis traballos de plástica, todos tan bonitos que non me podo resistir a compartilos. Bo traballo!!




domingo, 10 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Aínda que non estaremos no cole podemos celebralo igualmente.
Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Para aprender un pouco sobre a súa vida e obra podedes ver este vídeo elaborado polos nenos do colexio San Pío X de Ourense.
Prestade moita atención, así xogaredes  moito  mellor!! 😉.



Agora que xa sabedes máis sobre Ricardo Carvalho xa podedes xogar. 
Entra e verás...


Alba Carril do CPI  de Vedra


E aquí poderás ler o conto  de Ricardo  "As pitas baixo a choiva".


Proxecto educativo "As pitas baixo a choiva". Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Ed. Embora

mércores, 6 de maio de 2020

EXPERIMENTANDO

Martiño  animouse tamén a experimentar e nos envía este marabilloso vídeo e as fotos do seu traballo . Bravo!!
Moitas grazas!!







Pero que marabilla!! ALBA mándanos os seus experimentos sobre os estados da materia. Parabéns!!
Grazas por mandar os vídeos!!








venres, 1 de maio de 2020

FELIZ DíA D@S TRABALLADOR@S

Feliz día a tod@s que sodes uns e unhas grandes traballador@s. Estades todos: mamás, papás e nen@s a facer un grande esforzo!!

Estes son os traballos sobre os maios . Fantásticos!! Moitas grazas pola vosa implicación!!